FAQ2023-06-01T15:17:33+02:00

Preguntas frecuentes

Canto custa unha tradución?2024-01-26T09:54:30+01:00

O custo de traducir un texto calcúlase normalmente en función da complexidade e do número de palabras do orixinal. As tarifas axústanse a cada proxecto en función do tema, a urxencia e a dificultade.

Se o texto é un documento con moitos cadros e gráficos, ou con determinados formatos de arquivo, normalmente ofrecerémoslle unha tarifa por páxina. Os servizos de corrección de estilo e revisión adoitan tarifarse por hora.

Envíenos un correo electrónico para que poidamos ofrecerlle un orzamento á medida para o seu proxecto.

Por que non usar un programa de tradución automática?2024-01-26T09:54:30+01:00

Se quere que as súas traducións teñan o significado e o estilo como se as escribise un ser humano, só un ser humano poderá facelo!

Hai moitos factores que contribúen á dificultade da tradución automática, como o contexto, os valores culturais, as palabras con diferentes significados, as frases con estruturas diferentes, a incerteza sobre a que se refire un pronome e outros problemas gramaticais.

Non poña en risco a súa reputación. É importante que as empresas invistan en traducións correctas para axudar a aumentar a credibilidade e o atractivo da marca, o que en última instancia se traduce en máis vendas e ingresos.

Cos nosos rigorosos procesos de control de calidade, garantímoslle que o seu contido en español ou galego conserva o significado orixinal e comunica eficazmente a súa mensaxe ao público obxectivo.

Por que confiar en nós para os seus servizos de tradución?2024-01-26T09:54:30+01:00

O texto é axeitado para o destinatario? A terminoloxía técnica é correcta? Tivéronse en conta todos os requisitos? Esta tarefa require algo máis que precisión e coñecementos técnicos. Asegurarémonos de que o material que entreguemos sexa correcto desde o punto de vista lingüístico e de contido, e de que se corresponda cos estándares e requisitos fixados.

Comprometémonos a cumprir estritamente cos prazos de entrega acordados e mostraremos sempre un trato próximo e profesional. O noso obxectivo é garantir a plena satisfacción do cliente, desde o orzamento inicial ata a entrega final.

Tanto se se trata dun formulario como dunha proposta de subvención, dun comunicado de prensa ou doutro tipo de documento, ¡estamos listos para axudalo!

Ademais, lembre que traballamos con tarifas competitivas que poden axustarse ao seu proxecto.

Ir a Arriba