Quen somos e como traballamos

Anabel López

Tradutora

Por que desfruto tanto co meu traballo?

Sempre estiven rodeada de distintos acentos, inmersa nun ambiente multicultural, e finalmente conseguín converter o meu interese polos idiomas na miña profesión.

Estou licenciada en Filoloxía Inglesa e teño un Máster de Especialización en Tradución Médica. Realmente creo no desenvolvemento profesional continuo polo que asisto a cursos e seminarios sobre idiomas e as miñas áreas de interese: medicina, ciencia e cultura.

Os meus recursos lingüísticos nútrense cos proxectos que me envían os meus clientes. A tradución é unha gratificante profesión que me permite aprender algo novo todos os días.

Áreas de especialización

Estas son as miñas principais áreas de especialización; visita o apartado Servizos para veres a lista completa.

Son membro da Asociación Internacional de Profesionais da Tradución e a Interpretación, AIPTI.

Logo de IAPTI

Henrique Torreiro

Revisor

Conto con Henrique para realizar o proceso de revisión antes de entregar as traducións. El examina a tradución e verifica a súa adecuación á finalidade prevista, compara os textos de partida e de chegada e formula recomendacións sobre as correccións oportunas. Tamén axuda a mellorar a calidade e garante que se cumpran as expectativas do cliente. Henrique é socio de UniCo, a Unión de Correctores.

Henrique ten unha licenciatura en Historia e finalizou os seus estudos de doutoramento en «Sociedade, poder e cultura na historia». Tamén ten estudos universitarios en Arquitectura Técnica.

Henrique é un apaixonado da banda deseñada, a radio e o cinema, sectores nos que ten participado de forma profesional.

Foto de Anabel López

Fágoo como algo persoal

Teño grandes coñecementos da lingua de partida e só traduzo ao español ou galego, os meus idiomas maternos. Ten a seguridade de que o produto será exacto e soará natural para os destinatarios. Se necesitas outra combinación de idiomas, podo axudarte cos recursos idóneos.

O noso mundo globalizado preséntanos novos desafíos cada día. Tanto se se trata de retos lingüísticos como organizativos, comprométome de forma persoal para garantir que o teu proxecto estea en boas mans, desde o principio ata o final.